martes, 25 de septiembre de 2012

Sempre presente nos meus pensamentos.....


Avoa...para min a mellor do mundo enteiro....a única que se lembraba de todas as datas importantes, de felicitarme, sempre a primeira,de cando comecei a camiñar, dos días señalados,dos regaliños navideños, ...lembrábase incluso das datas dos meus exames e de poñer veliñas os sa
ntos dos imposibles e nunca esquecía rezar por min aínda sabendo a miña herexía!Sempre que aprobaba un exámen era porque lle rezara nonsei cantos padrenuestros e puxera nonsei cantas veliñas a nonsei que santo, era feliz axudandome a súa maneira.Era a primeira en alegrarse cando algo me saía ben e a máis apenada cando sabía que o estaba pasando mal.Era a que estaba ahí sempre para apoiarme en TODO, absolutamente en todo. Era a mellor persoa do mundo para gardarme os segredos...e para darme os consellos cando llos pedía.Sempre está presente, pois dela foi de quen máis aprendín na miña vida, sería imposible olvidar a quen me dou tantas boas cousas e momentos que lembrar....a quen todavía se me pon o pelo de punta solo con lembrar a súa voz, , as suas mans, os seus abrazos interminables,os seus biquiños ventosa e como cariñosamente sempre me decía pacholiña!! ou simplemente Albiña, a nosa Albiña....
Avoa...para min a mellor do mundo,cun valor incalculable, sempre presente, antes, agora e SEMPRE!



Nunca esquecedes a alguén importante da túa vida...simplemente aprendes a vivir sin a súa presencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario