Todavía lembro aquel verán no que dúas rapazas comenzaron a compartir momentos conmigo, aquel verán no que comezou unha amizade que seguimos regando ano tras ano, circunstancia tras circunstancia, e que serguirá medrando pase o que pase.
Pese a distancia que nos separa físicamente seguimos estando tan unidas coma sempre, e ainda que ultimamente nos vexamos moi pouco, ambas sabemos que nada cambiou e que por moito que pasen os días, o día que precisemos unha a axuda da outra ahi estaremos!
Sólo quero felicitarte, e desexarche que teñas o mellor dos cumpreanos, e que espero verte pronto para poder celebralo contigo, porque non hai nada que mias bote en falta que as nosas apertas infinitas! =)
e sobre todo, as nosas tolerías, porque contigo non son quen de finxir, non son quen de cortarme cando me apetece facer o parvo, porque sei que ti tamén o farás conmigo, porque sei que ti disfrutas tanto ou máis ca min nesos momentos nos que non importa o que o resto do mundo pense de nós, o único que importa é o ben que o estamos a pasar, como dúas meniñas pequenas.
No teu día, brindemos porque nada cambie, porque sigamos sendo as mesmas, e sobre todo sigamos estando unha ó lado da outra.
Felicidades pequena, non te esquezas de soñar, porque as princesas cumpren sempre os seus soños ;)
Quérote!!
Sobran as palabras para min neste momento. Moitas gracias por ser unha das culpables de que hoxe sexa quen son. Gracias por saber desfrutar cada momento e facelo tantas veces conmigo.
ResponderEliminarPasa un ano máis. Pero aínda nos quedan moitos da man, ruliña! Quérote