jueves, 3 de febrero de 2011

Egoístas!Somos uns egoístas!

Neste mundo egoista instalouse a insolidariedade. Dende cativ@s, o noso apacible occidente edúcanos co obxectivo de gañar cartos, cantos máis bens materiais acumulemos , mais sobresaímos na escala social??¿¿?¿ Ignorando valores moito mais importantes, tales como o de compartir, respetar,axudar.....En fin….

Sen darnos conta (ou sen querer darnos conta) sen querer ver a cruda realidade que está transcorrendo a pouca distancia das nosas confortables e quentiñas casas…

Cunha moral insensible as desgrazas do mundo,cegos ante una situación insostible que vai en aumento, acomodados no noso confortable sofá ante una tv (nalguns casos das mais sobresaintes no mercado…) cando vemos algo semellante coa pobreza na tv...moitos deciden apagala…ou cambiar de canal….o noso corazón convírtese nunha pedra dura, nunha pedra enorme sepulcral que enterra a nosa sensibilidade e resuticita a autocomplacencia…o eu! antes que nada e ninguén! Isto por desgraza cada día aumenta máis, e cada día son os miles nenos educados nese ambiente.

As conciencias loitan por sair o exterior; pelexan contra a ignorancia, contra a cegueira de non querer ver…contra o temor a perder a nosa posición sobresainte na sociedade. un temor que nos empuxa a acumular mais e mais , sen importar que esa malicia presente en nós provoque mais tristeza e miradas perdidas, esas miradas de socorro nos nenos olvidados e ignorados, esas miradas que despertan a nosa voz interior, que despertan a nosa vergoña, pero q non son suficientes para devolvernos ó camiño do amor e aprecio, e sobre todo RESPECTO ó semexante e ó diferente, o respeto a todo e todos.
Vaise globalizando o egoísmo, e estamos sembrando a miseria alegremente sin mirar nunca os destrozos que causamos o noso paso…vivimos crendo que estamos seguros no noso “mundo de cristal” o noso mundo de ricos, apartados, seguros de que as nosas portas non serán nunka aporreadas pola fame, a miseria, a enfermidade, a morte… ignoramos! Non queremos ver! Non queremos darnos conta…é mais fácil seguir coas nosas confortables vidas…antes q preocuparse por buscar solucións…Mentres teñamos as neveiras cheas,as nosas televisións funcionen, os nosos pcs igualmente, e podamos permitirnos certos luxos, non imos mirar de solucionar problemas que non son nosos, que non nos tocan a nós, pero e si co paso do tempo si nos chegan a tocar?? eses nenos ignorados,mortos de fame, serían quenes (si puideran) de axudarnos? eu penso que sí, porque xa saben o que é sufrir de esa maneira, e ainda que a pobreza faga que teñan que comer (cando poidan claro) anacos duros de pan, o seu corazón é brando.(O que non queiras para ti, non llo desexes ós demais).

Vivimos completamente seguros de que a nosa “estupenda” vida nunca poderia chegar a eses extremos… Porque nunca vimos esas situacións de cerca.

Miramos…pero non queremos ver…apagamos a tv, pasamos a paxina nos xornais…que teñan noticias de este estilo…e asi vivimos…instalándonos na negación constante,na negación do problema ou mais ben na sua ignorancia, crendo e pensando que asi podemos eliminar o problema…con tan só xirar a cabeza cara outro lado..que xa se solucionará só, e sinon, que mais dá, a nós non nos toca!

 Que triste error…q pena… Que pecado mais denigrante para o ser humano. Non hai nada mais cruel que observar como more un semellante ós nosos pés, sin estremecernos tan sequera…nin derramar unha lágrima, sen inmutarnos…sendo asi de EGOÍSTAS!



No hay comentarios:

Publicar un comentario